viernes, 1 de febrero de 2013
Rosadiña como ningunha
Fai 21 aniños, alguén rosadiño veu o mundo, unha meniña preciosa, cun sorriso que che ilumina a vida. Esta é a miña Cristiniña, unha rapaza leda como ningunha, sempre disposta a botarche unha man, e é alguén que pase o que pase sempre estará o teu carón.
Esas bochechas vermellas, eses ollos que traspasan a calquera, ela é pequeniña, pero ó mesmo tempo é unha das persoas máis grandes que tiven o pracer de coñecer.
Dende o día que viñeches o mundo coñézote, e dende ese día, podo dicir, que o mundo gañou unha gran persoa e eu unha gran amiga.
Eres unha desas persoas, que pase o que pase, sempre me fai sentir mellor. Sei que estarás ahí sempre, e eu estarei sempre contigo, porque eres a miña pequena rosadiña, e sempre serás a miña mellor amiga.
Para sempre, Cristina.
Feliz cumpreanos miña rula. E que sexan moitos máis, e sigamos xuntas, por sempre.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario